
As
Guerrilla girls son unha organización feminista formada por todo tipo de artistas como forma de protesta e de contracultura. Naceu en 1985, e a medida que pasa o tempo se están a facer máis e máis fortes. Son un grupo de xente anónima que utiliza como pseudónimos, os nomes de mulleres que marcaron unha época no mundo da arte. Nestes 20 anos publicaron pósters, libros e proxectos mostrando unha postura feminista e antiracista. Tratan de protestar e revelarse dun xeito cómico e humorístico para que o resto do mundo poida comprobar que as feministas tamén poden ser simpáticas e entón tratan de eliminar todos os estereotipos e prexuízos que se foron creando.
Ademáis, realizan conferencias por todo o mundo, e no seu programa parece ser que estiveron en Febreiro en Madrid, do 10 ao 14. O seu signo distintivo é moi peculiar e curioso: unha máscara de gorila que se colocan durante todas as conferencias e parolas. Tan só hai un grupo desta organización, e debido ao anonimato das integrantes é complicada a súa expansión. A páxina ten unha multitude de posibilidades que recomendo, admiren
0 comentarios